Mosteiro.

CRONOLOXIA DO MOSTEIRO DE SAN PEDRO DE SOANDRES
956, 30de Agosto.- É a data mais antiga na que se menciona o noso Mosteiro nunhadoazón que fixo o Conde Paio e a súa Dona Aragonta.
969, 24de Febreiro.- O Bispo de Santiago, Nuño, confirma a doación do Conde Paioañadíndolle as parroquias de Queixas, Cerceda, Montemaior, Golmar, Soutullo e Larín.
1193,30 de Xullo.- Dona Urraca Fernández de Trava lega a “Suandres” cinco moiosde trigo.
1351.-O Rei de Castela, D. Pedro I, exime o mosteiro de pagar os trabucos de “yantare colleita”.
1392,12 de Xaneiro.- Alonso García de Cerceda dona unha leira ó mosteiro pa queá sua morte o enterren na igrexa de Soandres.
1404,30 de xuño.- O Rei D. Enrique III, firma unha carta de Emplazamento contraMartín Sánchez de las Mariñas pa que restituía ó mosteiro certas propiedades.
1416,16 de setembro.- A Raiña Rexente deCastela, Dona Catalina de Lancaster firma unhas cartas executorias contracertos cabaleiros da bisbarra, que en moitas ocasións cercaron o mosteiro conhomes armados de a pé e a cabalo, e feriron gravemente ó abade, monxes eservintes.
1420,27 de decembro.- O notario Pedro Vidal, a pedimento do abade Fernán García,“copia fielmente” as doazóns do Conde Paio e do Bispo Nuño.
1424,20 de xaneiro.- O Rei D. Juan II de Castela firma en Alcalá de Henares unhareal provisión pola que acolle baixo a súa real garda e amparo ó abade, monxese vasallos do mosteiro.
1459,11 de maio.- O Papa Pío II expide en Roma unha Bulla Apostólica na queprovee a Abadía de Soandres na persoa do Cardeal Juan do título de SantaPrisca.
1499,13 de xullo.- Frai Rodrigo de Valencia procede á reforma do mosteiro.
1500, 1de outubro.- O Papa Alejandro VI confirma a unión do mosteiro de Soandresco de San Martín de Santiago.
1518,21 de xuño.- O Abad de San Martín toma posesión do Priorato de Soandres.
1573,15 de maio.- Martiño do Corgo, dono do pazo de Paradela, dona duas leirasen Encian á fábrica da igrexa por duas sepulturas.
1595,15 de outubro.- O Arcebispo de Santiago, Don Juan de San Clemente yTorquemada fai a Visita Canónica.
1613, 3de xullo.- O Cardeal Jerónimo del Hoyo, executa a Visita Pastoral aSoandres e ó mesmo tempo recolle datos para o seu libro manuscrito titulado“Memorias del Arzobispado de Santiago”.
1722,13 de febreiro.- O Arcebispo de Santiago, don Luis de Salcedo y Azcona,visita o Priorato de Soandres.
1745,12 de agosto.- Frai Martin Sarmiento hospédase un día coa súa noite noPriorato e anota no seu caderno de viaxe todo canto lle chama a atención.
1752,12 de agosto.- O Padre Prior de Soandres, Frai Benito Pizarro, colabora cosfuncionarios da Real Facenda na elaboración do “Catastro de Ensenada”.
1798,17 de marzo.- Unha gavilla de bandoleiros capitaneada por Juan ManuelVarela “El Tuno” asaltan a man armada o Priorato e rouban 9.300 reás de vellónde diversos obxetos de moito valor.
1805.-O longo do verán execútanse na igrexa diversas obras como a remodelación docoro, o enlousado dos presbiterios e a talla dos baldaquinos.
1835, 4de novembro.- Co mentes de dar cumprimento á lei de desamortización, ointendente da provincia de A Coruña, concede pasaporte a D. Andrés CastroBarbeito, Delegado de Arbitrios de Amortización, para que efectúe o Inventariodo Priorato de Soandres. O día 6 de decembro rematou o reconto e con el a vidamonástica.
1982,11 de maio.- No Boletín Oficial do Estado publicase unha resolución datadao nove de marzo, pola que se adorna ter por incoado expediente de declaraciónde Monumento Histórico Artístico o Mosteiro de San Pedro de Soandres.
8 de setembro de 2.000
Gumersindo García Gómez
A nosa seña de identidade.